Budiescudos

Este trimestres a nosa mascota Troti estivo atrapada na Idade Media e para rescatala tivemos que levar a cabo varias misións.
Unha delas foi converter o cole nun Castelo Medieval e para iso creamos estes fantásticos escudos!

8M

Dende o equipo da Biblioteca propoñemos unha serie de vídeos e actividades interactivas por ciclos para que as podades facer tanto na aula como na casa. Agardamos que con elas aprendades algo máis sobre este día.

Xornada intercentros Budiño vs Hermanos Quiroga

Este luns 26 de febreiro celebramos a 1ª xornada deportiva intercentros deste curso. O alumnado de 5º e 6º de Budiño recibiu con ilusión a visita dos compañeiros/as do colexio Hermanos Quiroga e xogaron a bádminton, voleibol, balonmán, baloncesto e brilé. O máis importante deste tipo de xornadas é a oportunidade que se lle brinda ao alumnado de relacionarse e facer novas amizades, así como difundir o deporte como actividade saudable e afianzar valores coma o xogo limpo ou a cooperación en equipo.