COÑECENDO AOS AMIGOS DE 4 PATAS

Onte, os nenos e nenas de 1º, 2º, 5º e infantil tivemos a sorte de coñecer a uns fantásticos amigos de catro patas. A través deles e mediante xogos aprendemos diferentes valores como a solidariedade. Aprendemos tamén como comportarnos con eles e como abrazalos e acariñalos.

Encantounos!!!

Advertisements

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

No cole celebramos o Samaín cunha gran festa e moitas actividades:

Participamos no concurso de cabazas:

 

Photocall terrorífico:

 

Baile dos máis pequenos do cole:

 

E por último… a xogar!!!!

 

 

 

 

 

EDUCACIÓN VIAL EN BUDIÑO

O pasado luns a 2ª hora a profe Raquel dixonos que un policía local íanos a visitar para unha clase de educación vial, ainda que xa o viviramos o ano pasado, podíamos resolver as dúbidas que nos quedaran. Puxonos uns exemplos de que pasaría en caso de accidente e as súas consecuencias. Explicounos a que teléfonos chamar ou como ir correctamente no coche e nos demais vehículos.

Gustounos a experiencia porque, ademais de aprender moito, rimonos máis.

(Escrito por Laura 6º)

Aquí vos deixamos unhas fotos da visita do policía.

 

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

A última semana de curso realizamos varias actividades en forma de xogos e actividades deportivas:

Celebramos a I Edición dos Xogos Olímpicos CEIP Cruz Budiño, no que ademáis da celebración de diferentes probas deportivas nas que participou todo o alumnado, realizouse unha ceremonia de apertura e un corcurso de carteis:

 

 

O clube deportivo Budiño Raid organizou no noso centro unha carreira de orientación con diferentes mapas nos que os alumnos/as tiñan que ir localizando diferentes puntos para ir avanzando.

Damos as grazas sobre todo aos pais de Noa pola súa axuda!!!

 

O último día fixemos unha xincana de xogos de auga:

 

 

A continuación a escola de baile Studio 57 axudounos a mellorar os nosos pasos con diferentes estilos: afro, latino….

Superdivertido!!!!

 

E así,  TROTI despídese de todos vós ata setembro.

FELIZ VERÁN PARA TODOS!!!!

GRADUACIÓNS

Como cada ano, graduamos este curso aos nenos/as de infantil que pasan para primaria e despedimos con tristura aos rapaces e rapazas de 6º que marcharán para o Instituto.

Aquí tedes os vídeos que os seus profes Ana Barreiro, Andrea e Enrique lles fixeron:

 

 

Adrián, Claudia, Javi, Xoel, Ainhoa, Yago, Jacobo, Marcos, David, Lucía y Efrén….

OS ECHAREMOS DE MENOS!!!!