2 Maio-Día comtra o Acoso Escolar

O día 2 de maio conmemoramos o Día Internacional Contra o Acoso Escolar.
Neste curso, Troti trouxo consigo desa gran viaxe ao pasado unha morea de aprendizaxes e estámonos a converter en verdadeiros magos e magas.
Xa temos preparadas as varitas e, así, con elas poderemos loitar contra o acoso iluminando non o camiño máis fácil senon o camiño correcto cara unha boa convivencia xa que a felicidade pode atoparse ata nos máis escuros momentos se somos capaces de empregar ben a luz.

III Xornadas do Día do Trotalibros

O pasado 23 de abril para festexar o Día do Libro celebramos as III Xornadas do Día do Trotalibros onde os padriños e madriñas compartiron ratos de lectura cos seus afillados e afilladas.

Durante estas Xornadas tamén intercambiaron uns marcapáxinas cheos de maxia onde recomendaban os seus libros favoritos.

Que bo rato pasamos todos xuntos lendo ao aire libre!

Trocadiño e os libros solidarios

Na vindeira semana e con motivo do Día do Libro que se celebra o 23 de abril levaranse a cabo diversas propostas coa finalidade de ensalzar el valor de los libros.
Unha desas propostas será Trocadiño e os libros solidarios, dende o luns 22 ata o venres 26 teremos no porche cuberto unha mesa con libros de expurgo da nosa biblioteca que poderedes ver e cambiar por unha doazón de alimentos non perecedeiros ou produtos de hixiene de bebés (cueiros talla 5 e 6, toalliñas, potitos, cereais, leite de fórmula…)

Temos libros para todas as idades, incluso os adultos podedes botar unha ollada e facer o intercambio solidario.

Todo o que se recaude destinarase a familias do Concello por medio de SOS Porriño.

Budiescudos

Este trimestres a nosa mascota Troti estivo atrapada na Idade Media e para rescatala tivemos que levar a cabo varias misións.
Unha delas foi converter o cole nun Castelo Medieval e para iso creamos estes fantásticos escudos!

Os Trotiaxudantes

Comezamos o curso 2023/2024 retomando a actividade dos axudantes da biblioteca escolar.

Trece alumnos e alumnas voluntarios foron os seleccionados. Asinaron o contrato coa biblioteca por un curso escolar quedando patente o seu compromiso e, recibiron xa a formación inicial. Xa comezou a conta atrás para levar a cabo as súas funcións.

Aquí vos presentamos ao grupo “trotiaxudantes” formado por: Noa Núñez, Ian, Sujaila, Iria, Giuliana, Hetor, Ainara, María, Jose, Israe, Iker, Noa Baz e Selma.