PEQUENOS CULTIVOS NO INVERNADOIRO

ECOPATRULLA 2

Este luns Efrén , Marcos , Giovanna e Zaira estiveron a plantar unhas escarolas no invernadoiro; tamén transplantamos unhas lufas (esponxas vexetais ) e retiramos algunha mala herba.

Advertisements

Agasallos para axudantes

O venres pasado entregamos na Biblioteca uns pequenos agasallos para os Axudantes de Biblioteca e os nenos e nenas da Ecopatrulla por todo este curso de traballo.

axudantes biblioecopatrullaecopatrulla 2

Tamén nos enviaron un diploma pola nosa participación no Programa de Educación Medioambiental Voz Natura. Seguiremos o próximo curso!!!

voz natura

PROXECTO “O Trotaaugas viaxa cara as Gándaras de Budiño”

Durante este curso estivemos aprendendo unha morea de cousas moi interesantes sobre as Gándaras de Budiño.

O pasado luns fixemos unha exposición de todo o que descubrimos sobre esta nosa zona, os animais e plantas que habitan nel, os que están en perigo de extición, a súa historia e o mapa e… sobre todo… coñecimos moito máis á nosa mascota da Biblioteca:

O TROTAAUGAS!!!

Aquí vos deixamos o video da nosa exposición:

FACEMOS XERMINADOS

A mamá de Noa de 3 anos ensinounos a facer xerminados de soia e berros.

É un pouquiño delicado, e a primeira vez a soia estraggouse, pero á segunda obtivemos bó resultado e  probámolos aliñados e sen aliño.

Os de berros que xa probamos hai uns días tamén nos gustaron moito.

 

PLANTAMOS NA HORTA

O cole ao completo saiu a plantar na horta:

Os de infantil plantaron cenorias, espinacas altas e rastreras e remolacha

Os de primaria plantaron ademais de iso tamén unhas leitugas e unhas xudías.

As profes Marisa e a profe Mar plantaron unhas patacas nunhas rodas, imos a cultivalas en vertical engandindo rodas e terra a medida que crezan as plantas.

 

 

Agardamos ter unha boa colleita!