RINCÓN DE LIBROS DA NATUREZA

Xa temos rincón temático de natureza na nosa biblioteca, donde hai libros de divulgación de cultivo ecolóxico e xardinería, e tamén fermosos contos nos que os protagonistas son elementos naturais ou persoaxes que se relacionan en harmonía.

Achégate a botarlle unha ollada.

img_20180426_113710 Seguir lendo

Advertisements

REALIDADE AUMENTADA

Seguimos con novas adquisicións dende a Biblioteca. Mercamos recentemente un lote de libros de Realidade Aumentada: por medio dunha aplicación nunha tablet ou teléfono…

cobran vida!!!

Aos nenos e nenas gústanlles moito así que a nosa Troti propúxose conseguir máis de cara ao vindeiro ano.

REALIDADE AUMENTADA blog

LEDICIA COSTAS

O pasado 30 de abril recibimos na biblioteca unha visita moi importante e esperada para nós, sobre todo para os integrantes do

Club de lectura:

visitounos LEDICIA COSTAS

DSC02544

Foi moi simpática e sobre todo sincera respondendo as nosas preguntas que foron moitas e moi variadas

 

Estas foron algunhas das preguntas que lle formulamos e as súas contestacións:

PREGUNTA: Por que empezaches a escribir?

LEDICIA: Porque me gustan moito os libros, sempre fun moi lectora.

PREGUNTA: De pequena xa che gustaba escribir libros?

LECIDIA: Si, recordo escribir desde moi pequena.

PREGUNTA: Pero tí estudiaches dereito, entón, que che gusta máis ser avogada ou escritora?

LEDICIA: En realidade o ser avogada non me gusta nada, me gusta moito ser escritora.

PREGUNTA: Como se che ocorreron os nomes de “Escarlatina” e “Esmeraldina” para os teus libros?

LEDICIA: Para escribir o libro de “Escarlatina a cociñeira defunta”, busquei en internet o nome dunha enfermidade do século XVIII da que morrían máis nenos e nenas. A primeira que me saiu foi gripe, pero o nome de Agripina non me gustaba. A segunda enfermidade era escarlatina, e gustoume moito para poñerlle á miña protagonista.

Cando presentei o meu libro nunha Feira do libro, na miña presentación equivocáronse de nome e presentaron o libro co nome de Esmeraldina, así que tamén me gustou así que de ahí xurdiu o nome.

PREGUNTA: Cando vas a escribir o teu seguinte libro?

LEDICIA: De certo hai pouco que rematei o libro “As peripecias de Estravaganzza Pérez”, e teño en mente escribir a segunda parte do libro “A señorita Bubble” no verán.

PREGUNTA: Por que se che ocorreu o libro “A señorita Bubble”?

LEDICIA: Porque quería destacar a importancia das mulleres inventoras.

PREGUNTA: Cal é o premio máis importante que gañaches?

LEDICIA: Non sei si foi o premio máis importante, pero o que máis me gustou foi o premio Merlín, porque me convidaron a merendar.

PREGUNTA: De todos os libros que escribiches, cal é o que máis che gusta?

LEDICIA: Pois como cando lle preguntas a unha nai ou pai, cal é o teu fillo favorito? Eu non teño ningún libro favorito, gústanme todos por igual.

Despois de contestar as nosas preguntas, Ledicia firmou no libro de visitas de Troti e recibiu como agasallo o bolígrafo do centro. Esperamos que o utilice moito e que siga escribindo eses estupendos libros que nos encantan.

Moitas grazas pola túa visita!

OS MAIOS

Como fixemos o ano pasado, este ano no centro celebramos a festa dos maios .

Xa que o noso Proxecto documental deste ano é IN-XENIOS, o noso conserxe, Fran, fíxonos a estructura do maio que representa un libro e un lápis.

Que mellor invento que estes!!!!

Despois de moito traballar durante unha larga mañá e grazas tamén á colaboración de todas as familias, o noso maio quedou así:

 

O proceso foi longo pero entre todos conseguimos un estupendo maio!!!!

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS E SOBRE TODO….

Á GRAN AXUDA DO NOSO FRAN

 

DSC02576DSC02579DSC02583DSC02587

CONTOS DO MUNDO: GRECIA

Dentro da nosa sección CONTOS DO MUNDO , a profe Rita contounos unha lenda grega titulada A illa que cambia” que nos conta a formación da illa de Santorini.

A profe Rita narrou para os alumnos de 3º e 4º de Primaria a tradución do conto grego, mentres se proxectaba na pizarra dixital.

DSC02429DSC02431

 

A continuación, coa proxección de imaxes actuais, explicoulles que a lenda está baseada na realidade e cales son as súas peculiaridades máis destacables.

 

Por último, a profe Oti preparou unhas actividades interactivas para amosar todo o que aprendemos.

libro griego 1 (1)

(clicade na imaxe para facer as actividades)

 

 

 

CREANDO HISTORIAS

Os alumnos e alumnas de 4º elaboramos os nosos contos.

Lendo e lendo contos … xurdiu a idea de contar historias elaboradas por nós e cos temas que nos gustan. A mestra propúxonos realizar relatos longos por capítulos, e así semana a semana creamos os nosos contos. Cada capítulo que realizabamos, gustábanos máis a idea de alongar a historia, engadirlle máis personaxes, enredar a trama,… Cando líamos na clase o novo capítulo, xa estábamos ansiosos por escoitar o seguinte. Os argumentos eran moi variados, había de misterio, de terror, fantásticos, de fadas, románticos, de aventuras,… pero todos eran moi divertidos.

Cando os rematamos, quixemos ensinarlle as nosas creacións a compañeiros de outras clases.

       Foi unha aventura emocionante!!!

DSC02506

SEMANA DO LIBRO

Co motivo da celebración do día do libro, estas semanas realizamos varias actividades:

Os maiores do centro: 3º, 4º, 5º e 6º visitaron a Biblioteca de Porriño.

Alí percorreron as distintas dependencias: hemeroteca, bebeteca…Despois explicáronnos como buscar un libro nunha biblioteca, recordándonos o que é un “tejuelo”, para por último poñer en práctica todo isto.

A profe Ana Barreiro, coa axuda da profe Oti, contounos un conto especial aos nenos e nenas de Infantil. Un conto que cobra vida coa axuda dunha tablet por medio da realidade aumentada… Fantástico!

 

 

Tamén decoramos todo o centro cos nosos debuxos:

Debuxamos o noso libro favorito.

Mirade que ben quedaron:

 

O luns 23 de abril, os padriños e madriñas contáronlle un conto aos seus afillados e afilladas:

 

Despois, como tiñamos en marcha o concurso “Eu leo…e ti?” , tocaba darlle o premio aos gañadores e gañadoras. Estas son as nosas fotos:

 

E estes foron os gañadores:

DSC02498