Excursión ao teatro e obradoiro de ciencia

Neste mes de novembro, os maiores do cole tivemos dúas saídas didácticas:

O día 5, os grupos de 4°, 5° e 6° visitamos o Teatro García Barbón en Vigo, para ver unha obra titulada “Troya”. Logo paseamos polo casco vello e rematamos a mañá merendando.

Por outra banda, o xoves 14, os nen@s de 5° e 6 ° fomos ata o centro cultural de Porriño para asistir a un obradoiro de ciencia no que falamos sobre a influencia dos plásticos na nosa vida e xogamos e tamén experimentamos con microscopios e lupas.

Aquí deixamos algunhas fotos das actividades :

Excursión a Vigo

Excursión ao centro cultural de Porriño

Deixar un comentario